Os días 9 e 10 de abril tivo lugar en Tallin o maior acontecemento do ano a nivel local en Estonia: as “XIX Xornadas de Cidades e Municipios Rurais”, que reuniron en Tallin a case un milleiro de dirixentes de gobernos locais, especialistas, representantes de institucións estatais e socios de cooperación de toda Estonia.

O foro, de dous días de duración, abarcou temas que ían desde a educación e o benestar social ata a transición ecolóxica, as solucións enerxéticas e os servizos dixitais. O programa incluía máis de 150 presentacións e debates, con aproximadamente 280 relatores.

O relatorio sobre EC4RURAL reuníu o segundo día a entusiastas da enerxía comunitaria nun taller titulado “Beneficios locais a través dun medio ambiente máis limpo”. Neeme Kärbo, da Axencia Rexional de Enerxgía de Tartu (TREA), presentou o noso proxecto, e Reigo Lehtla, da Asociación de Cidades e Municipios de Estonia (AECM), moderou unha mesa redonda titulada “Un novo modelo de enerxía comunitaria – a través da cooperación coas empresas”. Ambas son entidades socias de EC4RURAL no país.

Os participantes na mesa redonda foron:

  • Taavi Kotka, líder da comunidade enerxética do municipio de Viimsi;
  • Rafael Milerman, Unión LEADER de Estonia (ELU);
  • Robert Mägi, Axencia Rexional de Enerxía de Tartu; e
  • Kertu Vuks, Departamento de Deseño Espacial do Concello de Tartu.

 

Enlace á nova orixinal (EE):