Durante o mes de febreiro, do 1 ao 24, estarán abertas as inscricións na segunda edición da formación gratuíta en Comunidades de Enerxía Renovable (CER) organizada no marco do proxecto EC4RURAL. Nesta edición, habilitaránse 20 prazas que se asignarán por orde de recepción. O curso está dispoñible en galego e en inglés.
O formulario de inscrición é este: goo.su/DY6eSd
Nesta segunda edición, a duración dos módulos 2 a 6 ampliarase a dúas semanas para facilitar a aprendizaxe do alumnado. O módulo 1 seguirá sendo dunha semana. Todas as persoas que completen o curso recibirán un diploma acreditativo.
Programa moi completo
O programa do curso cobre todos os aspectos relacionados coa transición enerxética comandada polas comunidades locais: desde o significado da cidadanía enerxética e a avaliación da situación enerxética actual en cada localidade, ata os procedementos e fórmulas xurídicas para que os concellos, as pequenas e medianas empresas e a cidadanía participen en accións colectivas para a transición enerxética. Así mesmo, os diferentes modelos de negocio que poden sustentar esas iniciativas colectivas e os procesos técnicos que permiten a súa autorización e legalización conforman a parte final desta formación online.
A continuación, pódese consultar o programa do curso en detalle.