O consorcio de EC4RURAL acaba de publicar o sexto boletín informativo do proxecto no que consultar as novas e os eventos máis relevantes desde o verán.
A noticia de abertura deste número é a segunda reunión presencial organizada polos socios estonianos na cidade de Tartu. Este encontro serviu para facer balance, presentar o vídeo oficial do proxecto e os fitos acadados nos pasados doce meses. Neste sentido, un dos logros deste primeiro ano de traballo foi o desenvolvemento de dúas ferramentas ad hoc para analizar a viabilidade económica dunha Comunidade Enerxética Rural ou de calquera iniciativa comunitaria de produción de enerxía.
Ademais dos frutíferos debates, os participantes visitaron Rõuge e Elva, dous municipios que forman parte do piloto estoniano, adquirindo de primeira man un valioso coñecemento sobre proxectos locais de enerxía comunitaria.
Con este sexto número tamén estreamos a sección “Coñece ao noso equipo” a través da que se irán presentando a todas as persoas que fan posible esta iniciativa europea. Natalia Outerelo, xestora do proxecto EC4RURAL vinculada á Universidade de Vigo, fala na entrevista a inaugural.
Da beira atlántica ao Báltico
Finalmente, na sección Eventos, facémonos eco da intensa axenda de actividades para este mes de outubro en localizacións tan diferentes como os concellos galegos de Muíños, Rianxo ou Muras, as cidades de Barcelona ou Poitiers, en Francia, ou os municipios de Alutaguse, Tori e Saku, xa na beira do mar Báltico.
En tres idiomas
Como é habitual, o boletín está dispoñible para lectura en galego, en estoniano e en inglés, os tres idiomas dos socios que impulsan EC4RURAL.
Ler aquí o sexto boletín:
Inglés: https://bit.ly/EC4RURALNewsletter06_EN
Galego: https://bit.ly/EC4RURALNewsletter06_GL
Estoniano: https://bit.ly/EC4RURALNewsletter06_EE
As persoas interesadas en recibir o boletín de EC4RURAL, poden inscribirse aquí:
Inglés: https://bit.ly/3vXvUFX
Galego: https://bit.ly/490Wixq
Estoniano: https://bit.ly/3SjhB6e