O consorcio de EC4RURAL publica un novo boletín informativo do proxecto no que consultar as novas e os eventos máis relevantes dos últimos dous meses
Os temas tratados neste número son a presentación das dúas ferramentas desenvoltas para analizar a viabilidade económica das Comunidades Enerxéticas, a realización das segundas xornadas sobre “Comunidades enerxéticas e iniciativas comunitarias. O ecosistema galego” e o éxito de convocatoria no primeiro curso online gratuíto sobre Comunidades Enerxéticas Renovables.
No apartado de eventos, falamos dos seminarios de participación en Estonia dirixidos pola Universidade de Tartu, da asistencia a Conama 2024, o congreso nacional do medio ambiente, e tamén se avanza a conferencia intermedia do próximo outono.
Neste número, na sección Coñece ao noso equipo, os lectores poderán ler as entrevistas con Almudena Fiunte, técnica de EC4RURAL e membro do Universidade de Vigo, e con Antti Roose, socio da Universidade de Tartu.
En tres idiomas
O boletín está dispoñible para lectura en galego, en estoniano e en inglés, os tres idiomas dos socios que impulsan EC4RURAL.
Ler aquí o sétimo boletín:
EN: bit.ly/EC4RURALNewsletter07_EN
GL: bit.ly/EC4RURALNewsletter07_GL
EE: bit.ly/EC4RURALNewsletter07_EE
As persoas interesadas en recibir o boletín de EC4RURAL, poden inscribirse aquí:
Inglés: https://bit.ly/3vXvUFX
Galego: https://bit.ly/490Wixq
Estoniano: https://bit.ly/3SjhB6e