Durante a reunión de consorcio en Tartu, os socios de EC4RURAL visitaron dous dos doce municipios que participan no proxecto piloto estoniano: Rõuge e Elva.
Rõuge é un municipio rural situado no sueste do país, fronteirizo con Letonia e Rusia. Ten unha superficie de 933 km2 e 5.253 habitantes que traballan principalmente nos sectores da madeira e do turismo, dous dos principais sectores económicos do municipio.
A transición cara a unha enerxía limpa converteuse nunha prioridade para este municipio, que xa estableceu obxectivos locais concretos de redución de emisións de CO2 (40% para 2030 respecto a os niveis de 2005) e aumento da proporción de enerxías renovables no consumo enerxético (30% de aumento para 2030). O goberno local está a liderar activamente os esforzos para aumentar a eficiencia enerxética, especialmente a través da renovación dos edificios públicos.
Durante a visita, os socios de EC4RURAL visitamos o salón comunitario de Rõuge, no que a súa recente renovación incluía a instalación de paneis solares.
O municipio de Elva está situado ao sur do país. Forma parte do condado de Tartu, ten unha superficie de 732 km2 e 14.707 habitantes. Grazas aos seus lagos e zonas naturais protexidas, Elva é un municipio para actividades recreativas, culturais e deportivas.
Durante a visita, os socios de EC4RURAL reunímonos co alcalde, que nos explicou como o goberno local está a apoiar activamente a transición cara a unha enerxía limpa mediante o fomento do uso da enerxía solar, que pode facer que os sistemas de calefacción e os edificios sexan máis eficientes desde o punto de vista enerxético, reducindo tanto os custos como a dependencia da rede.
Pero alcanzar os obxectivos da transición enerxética limpa require tamén a participación cidadá. Neste sentido, ambos os dous municipios están a colaborar estreitamente cos socios de EC4RURAL para sensibilizar aos seus cidadáns e fomentar a creación das súas primeiras comunidades enerxéticas.