Os socios estonianos do proxecto EC4RURAL organizan un encontro inspirador en Tikupoiss. A esta xornada, que terá lugar o mércores, 7 de agosto durante toda a mañá, esán convidamos todos os interesados na creación de comunidades enerxéticas rurais. As inscricións están abertas aquí: https://forms.gle/ctbSood9sPjq7zhi9
O programa do encontro é o seguinte:
10.30h – Reunión e café de benvida.
11.00 – 13.00h – Seminario e debate:
– Laavi Liivandi compartirá as súas experiencias sobre os retos e éxitos da creación de comunidades enerxéticas en Hiiumaa.
– Perspectiva do goberno local sobre as comunidades enerxéticas (relatora por especificar).
– René Reisner (Ministerio de Cambio Climático) falará sobre o desenvolvemento das comunidades enerxéticas en Estonia.
– Panel de debate “Por que necesitamos enerxía comunitaria?”
– Debate e intercambio de ideas para inspirarse e compartir experiencias.
13.00 – 13:30h – Pausa para comer (por conta propia).
13:30h – Percorrido por Ladder co anfitrión, Urmas Johanson. Exploraremos o parque solar, as instalacións de almacenamento de baterías e o xerador eólico de Ladder Boy.