O proxecto EC4RURAL segue avanzando e poñendo en común os hitos conseguidos. Neste sentido, a semana que vén terá lugar unsegundo obradoiro en liña para definir os plans das comunidades enerxéticas rurais dos pilotos de España e de Estonia.
Obxectivo do segundo obradoiro
Este segundo obradoiro celebrarase o xoves, 18 de xullo de xeito simultáneo en España (10:00 a 11:30h, hora local) e en Estonia (11:00 a 12:30h, hora local) en inglés. O obxectivo principal será favorecer o intercambio dos obxectivos específicos e do achegamento para a definición dos plans das comunidades enerxéticas nos pilotos de España e de Estonia coa idea de aprender uns de outros e implicar ás distintas partes interesadas para crear maior conciencia cara ao proxecto EC4RURAL.
Ademais, contaremos con exemplos da política enerxética local en Galicia grazas á participación dos alcaldes de Outes, Manuel González López; Vedra, Carlos Martínez Carrillo; e Tomiño, Sandra González Álvarez (pendente de confirmación).
Finalizarase cunha discusión aberta entre as persoas asistentes ao obradoiro.
As persoas interesadas poderán conectarse vía Zoom ao obradoiro na seguinte ligazón: II Obradoiro de EC4RURAL
Aquí podes consultar o programa detallado do obradoiro:
Traballo continuo
Despois do éxito do primeiro obradoiro celebrado o pasado mes de xuño, cunha sesión conxunta entre España e Estonia, e mais unha dobre sesión dedicada a España e a Estonia individualmente, EC4RURAL quere mostrar o seu avance dos pasos que se están dando para implantación de 34 Comunidades Enerxéticas Rurais noutros tantos concellos rurais de Galicia e de Estonia.