O luns 10 de xuño, o equipo de EC4RURAL – LIFE Programme reuniuse con responsables municipais e coa veciñanza do Concello de Outes (A Coruña) para seguir avanzando na constitución da comunidade enerxética rural do municipio.

Durante esta xuntanza, compartiuse co grupo tractor un conxunto de procedementos e protocolos con dous obxectivos. Por unha parte, para a constitución da entidade xurídica que dará forma legal á comunidade enerxética e pola outra, para iniciar os pasos administrativos e que o Concello de Outes forme parte con seguridade xurídica desa mesma iniciativa comunitaria para producir enerxía.

Outes é un dos 22 concellos rurais galegos que participan no #PilotoGalicia de EC4RURAL – LIFE Programme. Os outros municipios son Mazaricos, Moeche, Ordes, Tordoia, Vedra, Vilasantar (A Coruña); Avión, Entrimo, Muíños (Ourense), Becerreá, Monterroso, Muras, Ourol, Palas de Rei, A Pobra do Brollón, Sober, O Valadouro (Lugo); O Rosal, Salvaterra de Miño, Silleda e Tomiño (Pontevedra).