Estes primeiros meses do ano están sendo intensos para os socios de EC4RURAL coa organización das primeiras reunións informativas nos 34 concellos de Galicia e de Estonia adscritos ao proxecto. A través dun enfoque de abaixo-arriba, o obxectivo é fomentar a creación doutras tantas comunidades enerxéticas rurais dirixidas por cidadáns que producirán a súa propia electricidade mediante paneis fotovoltaicos.
Desde os primeiros encontros coa veciñanza os pasados 19 e 23 de febreiro en Outes e Moeche (A Coruña), a axenda para marzo e abril está completa con outra vintena de reunións. A convocatoria de asistencia faise tanto a través das redes sociais do proxecto como dos propios gobernos municipais.
Dúas fases de traballo
O proxecto EC4RURAL está dividido en dúas fases de traballo que se desenvolverán durante o período de execución 2023-2027. A primeira, na que se atopa agora mesmo, é a Fase de posta en marcha, que discorrerá ata xullo de 2025. Nas reunións destes meses, ademais de presentar o proxecto EC4RURAL, o equipo técnico está recompilando a información para, despois, determinar as necesidades enerxéticas específicas de cada concello que tomarán de base para deseñar os plans enerxéticos das comunidades locais mediante un proceso participativo.
A segunda fase de traballo é a denominada Fase de Potenciación, comenzará en agosto de 2025 e finalizará e en setembro de 2027. Nesta etapa, o equipo técnico asesorará á veciñanza para decidir sobre os modelos de negocio, tecnoloxías, solucións xurídicas e financeiras, estrutura de gobernanza, acceso á rede, procesos de autorización, inversión e subvencións públicas.
Calendario de reunións
Galicia
19 de febreiro | Concello de Outes, A Coruña
23 de febreiro | Concello de Moeche, A Coruña
7 de marzo | Concello de Vedra, Pontevedra
25 de marzo | Concello de Silleda, Pontevedra
4 de abril | Concello do Valadouro, Lugo
5 de abril | Concello de Avión, Ourense
9 de abril | Concello de Tomiño, Pontevedra
12 de abril | Concello de Becerreá, Lugo
29 abril | Concello de Monterroso, Lugo
30 april | Concello de Ourol, Lugo
6 maio | Concello de Mazaricos, A Coruña
13 maio | Concello de Sober, Lugo
16 maio | Concello de Palas de Rei, Lugo
27 maio | Concello de A Pobra de Brollón, Lugo
5 xullo | Concello de Tomiño, Pontevedra
23 xullo | Concello de Salvaterra de Miño, Pontevedra
Estonia
7 de marzo | Lääne-Harju vald, Lääne-Harju Koostöökogu
12 de marzo | Viimsi vald Põhja-Harju Koostöökogu
13 de marzo | Türi vald, Lõuna-Järvamaa Koostöökogu
27 de marzo | Tori vald, Rohelise Jõemaa Koostöökogu
28 de marzo | Põltsamaa vald, Jõgevamaa Koostöökoda
2 de abril | Järva vald, Järva Arengu Partnerid
4 de abril | Hiiumaa vald, Hiidlaste Koostöökogu
9 de abril | Viru-Nigula vald, Virumaa Koostöökogu
10 de abril | Alutaguse vald, Peipsi-Alutaguse Koostöökoda
23 de abril | Saku vald, Nelja Valla Kogu
24 de abril | Rõuge vald, Võrumaa Partnerluskogu
30 de abril | Elva vald, Tartumaa Arendusselts