O 9 de outubro celebrouse o seminario inaugural do proxecto EC4RURAL en Estonia coincidindo co inicio da colaboración entre 12 municipios estonianos, 22 municipios rurais galegos e dez organización. O proxecto, titulado Fomentando a participación local na transición cara unha enerxía limpa nas zonas rurais a través das Comunidades Enerxéticas, ten como obxectivo impulsar a transición cara ás enerxías limpas nas zonas rurais de Europa.
O consorcio formado para o proxecto conta cunha sólida experiencia e a solicitude recibiu unha alta puntuación no programa LIFE da Unión Europea. Con esta iniciativa a se desenvolver durante catro anos, financiado nun 95% cun orzamento de 1,6 millóns de euros, promoveranse comunidades enerxéticas renovables para reducir a pobreza enerxética, a independencia enerxética e a mellora da calidade de vida nas áreas rurais. Implementaranse 12 proxectos piloto en Estonia, que se espera que sirvan como exemplo para outros estados membro.