Introdución

O Concello de Tomiño sitúase na comarca do Baixo Miño, ao suroeste da provincia de Pontevedra e a 60 quilómetros da capital provincial. É un territorio de interior de 13.800 habitantes e conta cunha superficie de 106,61 quilómetros cadrados, presentando un grao de urbanización de Zona Pouco Poboada, segundo o Instituto Galego de Estatística.

Pertence ao Grupo de Desenvolvemento Rural EU RURAL (GDR14).

Poboación e estrutura demográfica 

A poboación de Tomiño presentou un crecemento no período de 1991 a 2022 de máis de 3.000 habitantes, cunha cifra do 35%. Nos últimos dez anos, continúa mostrando unha lixeira suba do 0,3% e contrasta coa baixada tanto de Galicia, cun -3,27% como do conxunto provincial, cun -1,61%.

Tomiño presenta un envellecemento demográfico cun estreitamente da base da pirámide de poboación e un aumento de idade media. En 2022, a idade media dos habitantes en 2022 alcanzou os 46 anos. As mulleres amosan unha idade media lixeiramente superior a dos homes, 46,7 anos fronte a 44 anos e medio.

O aumento do índice de dependencia global (IDG) en Tomiño alcanzou un 54% en 2022. A pesar de este crecemento, Tomiño conta cun declive e un envecellemento demográfico, o que conleva importantes consecuencias a nivel social, económico e cultural.

Dinámica demográfica en Tomiño.

Evolución da taxa de dependencia total de Tomiño, Pontevedra e Galicia.

Economía

A evolución do PIB segue, en liñas xerais, a mesma tendencia de crecemento que a provincia da Coruña e de Galicia. Tras un descenso inicial de 2010 e 2014, as taxas de crecemento resultan positivas ata o período 2020, cun 0,90% maior ca en 2018, e cun 10,5% ata 2022.

A Renda Bruta Dispoñible (RBD) amosa unha evolución de crecemento. Este crecemento entre 2002 a 2019 foi do 10%, polo que a renda bruta alcanzou os 13.637 euros por habitante en 2019, máis de 3.000 euros por debaixo da media galega.

Usando o rexistro de afiliacións á seguridade social como unha estimación do emprego municipal, entre os anos 2011 e 2022, Tomiño experimentou un incremento do 19%, por riba do rexistrado a nivel galego e provincial. O sector primario representa un 5,7%, o sector secundario un 30% e o sector terciario máis do 61%.

En 2022, Tomiño tiña unha taxa de actividade do 68,2%. A súa taxa de ocupación era do 60% en 2022. A taxa de paro situábase no 12,8%.

Evolución da Renda Bruta Dispoñible por habitante en Tomiño, Pontevedra e Galicia.

Evolución das taxas de emprego, paro e actividade no municipio de Tomiño.

Recursos enerxéticos

Tomiño conta cunha única instalación de produción de enerxía eléctrica con tecnoloxía fotovoltaica, de 10 kW de potencia instalada, rexistrada en setembro de 2008. Tamén conta con dúas instalacións de produción hidroeléctrica que suman unha potencia instalada total de 1,95 MWh.

O consumo eléctrico de Tomiño en 2023 foi estimado en case 27.033,41 MWh. O consumo residencial foi de 15.227,71 MWh. O consumo dos servizos, incluídos os municipais, foi de 7.773,75 MWh. A industria consumiu 4.031,95 MWh.