
Introdución
O Concello de Mazaricos sitúase na comarca do Xallas, ao leste da provincia da Coruña.
Posúe unha poboación de 3.760 habitantes en 2022 e conta cunha extensión de 187 quilómetros cadrados, presentando un grao de urbanización de Zona Pouco Poboada, segundo o Instituto Galego de Estatística.
Pertence ao Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte (GDR22).

Poboación e estrutura demográfica
A poboación de Mazaricos presenta unha dinámica demográfica caracterizada por un decrecemento rexistrado no período de 1991 e 2022, o que supón unha perda do 46%, unha cifra notable superior ao descenso do 1,5% rexistrado en Galicia no mesmo período e, no sentido contrario, na Coruña rexistrouse un crecemento do 2% da poboación.
O aumento do índice de dependencia global (IDG) en Mazaricos alcanzou o 80% en 2022, distanciándose do 60% do índice galego e provincial.
A pirámide demográfica reflicte un estreitamento da base da pirámide de poboación e unha dilatación da parte superior en comparación coa pirámide galega. A idade media tamén aumentou, alcanzando os 54 anos.

Dinámica demográfica en Mazaricos.

Evolución da taxa de dependencia total de Mazaricos, A Coruña e Galicia.
Economía
A evolución do PIB presenta unha dinámica de crecemento particular con períodos de gran crecemento e períodos de lixeira diminución. Ao longo do período de 2010 a 2020, amósase un crecemento preto do 11%, a diferenza da redución do PIB total sufrida no conxunto de Galicia (-2 %) y de A Coruña (-0,26 %).
A causa da pandemia, o PIB redúcese en Mazaricos a un -7,3%, un – 10,5% na Coruña e un – 7,7% en Galicia.
A Renda Bruta Dispoñible (RBD) por habitante en Mazaricos reflicte un patrón de crecemento similar ao observado no conxunto de Galicia e na provincia, cunha taxa de crecemento interanual medio do 0,5%. Desde 2002 a 2019 o incremento foi do 12%, o que permitiu alcanzar os 12.800€ por habitantes en Mazaricos, aproximadamente 3.800€ inferior á media galega.
Usando o rexistro de afiliacións á seguridade social como unha estimación do emprego municipal, obsérvase
un descenso do -18% das afiliacións no sector primario no municipio, unha redución moi próxima á experimentada no conxunto do conxunto galego e provincial cun -20%. O sector secundario presenta un incremento moi importante no número de afiliados, un 19%, mentres que as agrupacións territoriais de Galicia e A Coruña perden un 3% e un 4% respectivamente. O sector terciario gaña peso no municipio cun incremento do número de afiliados próximo ao 7%, pero inferior ao incremento do 14-15% dos conxuntos territoriais.
A estrutura produtiva de Mazaricos está marcada por un sector primario que impulsa a economía local, cunha gandería de gran relevancia. A produción de leite e carne sitúa ao municipio como líder da provincia e cuarto de Galicia en volume de produción, contribuíndo en gran medida á xeración de emprego. Así, en 2022, o sector agroalimentario de Mazaricos supón arredor do 34% das afiliacións do municipio, unha proporción moi superior á dos conxuntos territoriais, que roldan o 5%. O sector secundario representa o 25% das afiliacións, aliñadas coa representación rexistrada a nivel galego provincial. O sector terciario aglutina o 43% das afiliacións do territorio, unha proporción moi inferior á do conxunto galego e provincial, que se sitúan por riba do 70%.
En 2022, Mazaricos tiña unha taxa de actividade que se situaba no 72%, superior ao 55-58% en 2011. A taxa de ocupación de Mazaricos parte do 49% en 2011 e crece acadando un 68% en 2022. A taxa de paro está nun 8% desde o 18,5% de 2011.

Evolución da Renda Bruta Dispoñible por habitante en Mazaricos, A Coruña e Galicia.

Evolución das taxas de emprego, paro e actividade no municipio de Mazaricos.
Recursos enerxéticos
Mazaricos destaca na súa produción enerxética de fontes renovables, derivada dos muíños eólicos e da enerxía hidráulica.
No ámbito eólico conta cunha potencia instalada de 98 MW distribuídos en 123 aeroxeradores, o que se traduce nunha produción estimada de 253.583 MW anuais. Dispón tamén dunha capacidade hidráulica de 1,4 MW.
O consumo eléctrico de Mazaricos en 2023 foi do 14.125,57 MWh. 5.968,29 MWh foi o consumo residencial. O consumo dos servizos, incluídos os municipais, foi do 2.251 MWh. A industria consumiu 1.950,41 MWh. Cómpre sinalar que hai 3.955,87 MWh non especificados.
Consejos de Política Energética
Data da primeira reunión:
6 maio 2024
Número de persoas asistentes:
30 persoas
Perfil das persoas asistentes:
- Persoal do concello de Mazaricos: axente de desenvolvemento rural
- Persoal asistentes do proxecto EC4RURAL: UVIGO, ESPAZOCOO
- Cidadanía, gandeiros e gandeiras, técnicos do sector enerxético
Avaliación da situación enerxética
O municipio de Mazaricos destaca pola súa importante produción enerxética a partir de fontes renovables, derivada principalmente dos muíños eólicos e da enerxía hidráulica. No sector eólico conta cunha potencia instalada de 98 MW distribuídos en 123 aeroxeradores, o que se traduce nunha produción anual estimada de 253.583 MWh . Por outra banda, ten unha potencia hidráulica de 1,4 MW.
Diálogo entre as partes
Durante a reunión, houbo un diálogo aberto entre a cidadanía e o concello sobre a produción de enerxía fotovoltaica.
Falouse da distribución espazo-temporal de paneis fotovoltaicos, o modelo de producción con excedentes de enerxía, o sistema de compensación e venda de excedentes de enerxía, o sistema de distribución entre os socios, vantaxes e desafíos da promoción dunha comunidade enerxética baixo o modelo de produción fotovoltaica, o modelo de gobernanza e xestión da comunidade enerxética.
Conclusións
Despois do proceso cocreativo conxunto, a primeira toma de contacto coa veciñanza e coas autoridades locais foi positiva. Hai interese real en que saia adiante a comunidade enerxética rural, posto que pensan na acción común e nas vantaxes de que iso suceda. O concello conta cunha superficie enorme de tellados dispoñibles dada a cantidade de naves gandeiras existentes. Mazaricos é o concello galego con maior produción leiteira.
Como conclusión final deste primeiro encontro, creouse o Consello de Política Enerxética.
