A xornada Comunidades Enerxéticas e iniciativas comunitarias. O ecosistema galego celebrarase o vindeiro xoves, 21 de novembro, na Facultade de Económicas e Empresariais. Organizado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), o evento afondará nas iniciativas comunitarias do ecosistema galego, incluíndo debates sobre o proceso social que impulsa o desenvolvemento do primeiro parque eólico comunitario de Galicia.
EC4RURAL participará activamente no evento. En particular, a técnica do proxecto, Almudena Fiunte, intervirá na sección de proxectos europeos, representando a EC4RURAL xunto con outros actores galegos.
A asistencia é de balde, pero requírese inscrición previa na seguinte ligazón: https://lnkd.in/dc4MhWB5
Atención: prazas limitadas.
This event has passed.