Loading Events

O Concello de Mazaricos súmase como escenario para desenvolver a primeira reunión  no marco do programa EC4RURAL, orientado a promover a creación dunha Comunidade Enerxética Rural. O obxectivo central da reunión é o de establecer un grupo impulsor que encabece o desenvolvemento e a implementación da Comunidade Enerxética Rural do Concello de Mazaricos.

Espérase unha participación activa de diversos sectores da sociedade, entre eles, cidadanía, asociacións veciñais, grupos de desenvolvemento rural e pequenas empresas. A participación do Concello será especialmente destacada, evidenciando o seu compromiso ao integrarse como parte activa da Comunidade Enerxética e mostrando disposición para ceder espazos e cubertas para as instalacións fotovoltaicas. Os temas que se abordarán transcorren dende o  autoconsumo colectivo ata o concepto de Comunidade Enerxética Renovable, así como as súas posibles formas legais e modelos de participación público-privada.

Go to Top