Loading Events

O equipo da Universidade de Vigo no proxecto EC4RURAL dinamizará un obradoiro co alumnado de secundaria do IES Luís Seoane (Pontevedra) para repensar o sistema enerxético actual e imaxinar alternativas máis xustas, sostibles e participativas.

A través de dinámicas colaborativas, analizarán os diferentes modelos eléctricos e co-deseñarán unha Comunidade Enerxética Escolar, poñendo en valor o potencial da cidadanía enerxética no rural.

A actividade terá lugar o venres 25 de abril de 13:00 a 14:00h durante a III Feira de Sostibilidade promovida polo centro educativo.

Go to Top