Introdución

O Concello de Entrimo sitúase no suroeste da provincia de Ourense, na comarca da Baixa Limia, a uns 70 quilómetros da capital provincial. En 2022 ten unha poboación de 1.120 habitantes, unha superficie de 84,52 quilómetros cadrados e presenta un grao de urbanización de Zona Pouco Poboada, segundo o Instituto Galego de Estatística.

Pertence ao Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia (GDR10).

Infomración Socioeconómica

Poboación e estrutura demográfica 

A poboación de Entrimo rexistrou unha dinámica de crecemento continuado de habitantes cun aumento do 11,65%, dato máis favorable que o decrecemento do 1,5% rexistrado para o conxunto galego de 1991 a 2022.

O índice de dependencia global (IDG) en Entrimo presenta un incremento significativo e un achegamento entre o municipio e a súa provincia, o que repercutirá en implicacións positivas no desenvolvemento e equilibrio socioeconómico a longo prazo.

Dinámica demográfica en Entrimo.

Evolución da taxa de dependencia total de Entrimo, Ourense e Galicia.

Economía

A evolución do PIB en Entrimo mostra unha dinámica evolutiva do seu PIB, moi en liña coa tendencia a nivel provincial e autonómico.

Entre 2012 e 2016 rexistrouse un notable aumento, seguido dunha marcada diminución entre 2018 e 2020, atribuída aos impactos da pandemia. Non obstante, no total do período comprendido entre 2010 e 2018, o PIB de Entrimo experimentou un crecemento do 20%, superando ao PIB galego, cun 6,14%, e contrastando coa tendencia á baixa observada na provincia no seu conxunto, cun -1,8%.

 

Posteriormente, entre 2018 e 2020, todos os territorios experimentaron unha acusada redución do seu PIB, cun notable descenso do 21,5% do PIB municipal de Entrimo, un descenso importante respecto ao experimentado no conxunto de Galicia, cun -7, 7%, e na provincia de Ourense, cun -9%. Esta tendencia tradúcese nun descenso do 5,7% do PIB municipal no período 2010-2020, inferior á redución do 10,5% observada na provincia, mentres que en Galicia só diminuíu un 2%. Porén, o PIB total do municipio alcanzou en 2020 os 11,14 millóns de euros, o que supón o 0,2% do PIB provincial de Ourense e só o 0,02% do da Comunidade Autónoma.

A Renda Bruta Dispoñible (RBD) amosa similitudes a nivel galego e provincial entre os anos 2002 e 2020.

No caso de Entrimo, aumentou un 2,5% e, máis adiante, obsérvase unha diminución do -23% ata o ano 2014. Seguiulle unha recuperación ata 2020, debido aos efectos da pandemia. Posteriormente, rexístrase unha diminución ata 2014. A partir de aí, experiméntase un período de expansión do 16% ata 2020, onde novamente cae debido aos efectos da pandemia.

No segundo período de expansión, do 2014 ao 2020, o crecemento da RBD estivo en liña cos conxuntos, cun 16% en Entrimo, un 13% en Galicia e un 16% en Ourense respectivamente. A pandemia xerou unha diminución da RBD no territorio, cunha perda do 4% en 2020 onde se situaba a renda por habitante nuns 10.672 euros. Con todo, a RBD de Entrimo amosa un decrecemento en termos globais, a diferenza dos conxuntos territoriais. En 2020, a RBD do municipio foi dun 8%.

Posteriormente, rexístrase unha diminución ata 2014. A partir de aí, experiméntase un período de expansión do 16% ata 2020, onde novamente cae debido aos efectos da pandemia.

Usando o rexistro de afiliacións á seguridade social como unha estimación do emprego municipal, os resultados indican unha tendencia de crecemento positiva. Entre os anos 2011 e 2022, Entrimo conta cun incremento do 15%, superior ao 7,4% rexistrado a nivel galego e de 11% a nivel provincial.

Se analizamos por sectores, o sector primario rexistra unha redución do 20% e represena o 10% das afiliacións do municipio. O sector secundario redúcese só un 3%, representando o 24% das afiliacións. O sector terciario gaña un 14,4% das afiliacións, destaca por representar o 66% de afiliacións municipais.

En 2022, Entrimo tiña unha taxa de actividade que se situaba no 63%. A taxa de ocupación experimentou un importante crecemento e sitouse en torno ao 52%. A taxa de desemprego descendeu do 24,6% en 2011 ata o 13% en 2022. A taxa de parto descendeu do 23,5% en 2011 ao 17% en 2022. Isto revela unha evolución favorable do mercado laboral de Entrimo, cun incremento da actividade económica e do emprego, así como unha importante redución da taxa de paro ao longo do período analizado.

Evolución da Renda Bruta Dispoñible por habitante en Entrimo, Ourense e Galicia.

Evolución das taxas de emprego, paro e actividade no municipio de Entrimo.

Recursos enerxéticos

Entrimo non conta con instalacións de produción de enerxía renovable relevantes, polo que as iniciativas que se promovan e se incorporen ao territorio xogarán un papel fundamental no impusldo do desenvolvemento enerxético local.

 

O consumo eléctrico de Entrimo en 2023 foi do 2,235.78 MWh. 1,441.58 MWh foi o consumo residencial. O consumo dos servizos, incluídos os municipais, 726.04 foi de MWh. A industria consumiu 68.16 MWh.

Consejos de Política Energética

Antecendentes de Entrimo

A primeira reunión en Entrimo coa cidadanía e as partes interesadas non se celebrou dado que neste concello a configuración da transición enerxética estaba xa iniciada antes do proxecto.
Constituíronse como asociación para desenvolver a comunidade enerxética e, polo tanto, tamén teñen constituídos o Grupo Impulsor e o Grupo Tractor.