O proxecto EC4RURAL ten en marcha a súa plataforma de formación online cun curso gratuíto pensado para achegar o modelo das comunidades enerxéticas a toda a cidadanía interesada, a persoal técnico de concellos, Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), empresas e actores sociais do rural galego.
A formación está estruturada en seis módulos progresivos, deseñados para ofrecer unha visión integral do proceso de creación, xestión e posta en marcha dunha comunidade enerxética renovable, especialmente no contexto rural galego.
Cada módulo combina contido teórico, actividades prácticas, casos reais e espazos de reflexión colectiva, permitindo que as persoas participantes poidan aplicar os coñecementos adquiridos ao seu contexto local.

 

🟢 Módulo 1. Sensibilización cara á cidadanía enerxética.

Descubre o potencial da cidadanía para liderar o cambio cara a un modelo enerxético sostible:

→ Quen somos: Introdución ás comunidades enerxéticas e os seus obxectivos.

→ A cidadanía enerxética: Comprende o papel transformador da cidadanía na transición enerxética.

→ Como converterse nunha persoa prosumidora: Aprende como producir e consumir a túa propia enerxía renovable.

→ Boas prácticas de cidadanía enerxética: Casos reais e inspiradores que demostran que o cambio é posible.

🟡 Módulo 2. Comunidades enerxéticas: diagnose inicial.

Os primeiros pasos para construír a túa comunidade enerxética:

→ Introdución e punto de partida: Aprende a identificar o potencial enerxético da túa contorna.

→ Deseñando a diagnose da túa comunidade enerxética: Crea unha análise inicial para establecer obxectivos e prioridades.

🔵 Módulo 3. Acción colectiva con concellos e GDR: mobilización e traballo en rede

A colaboración local como motor do cambio enerxético:

→ Introdución, contexto e xustificación da acción colectiva local: O porqué da unión de esforzos para a transición.

→ Marco legal para a acción colectiva e a creación de Comunidades Enerxéticas Renovables: Navega o entorno legal con facilidade.

→ Os concellos como actores da transición enerxética: Coñece as oportunidades que ofrecen os gobernos locais.

→ Os grupos de desenvolvemento rural como actores da transición enerxética: Potencial dos actores rurais no ecosistema enerxético.

→ Ecosistema galego: Revisión de recursos e proxectos na nosa comunidade.

🔴 Módulo 4. A cadea enerxética na transición enerxética

Comprende a estrutura do sistema enerxético e o seu cambio:

→ Transición enerxética e modelos eléctricos: Evolución cara a sistemas máis sostibles e democráticos.

→ Un novo actor: as comunidades enerxéticas: O papel fundamental destas iniciativas no modelo enerxético futuro.

🟣 Módulo 5. Modelos de negocio para comunidades enerxéticas rurais

Deseña unha estratexia financeira sostible e efectiva:

→ Modelo de negocio para comunidades enerxéticas rurais: Bases para un proxecto económico viable.

→ Modelo de negocio: elaboración e avaliación: Aprende a desenvolver e analizar a túa proposta de negocio.

🟤 Módulo 6. Implementación e funcionamento de comunidades enerxéticas rurais

Leva á práctica os teus coñecementos:

→ Procedementos de tramitación e legalización dunha instalación fotovoltaica en España: Guía para legalizar o teu proxecto.

→ Execución das instalacións de autoconsumo colectivo: Pasos técnicos para facer realidade unha instalación fotovoltaica.

 

Metodoloxía: aprendizaxe activa, flexible e centrada na práctica

A metodoloxía da formación EC4RURAL está pensada para adaptarse aos diferentes perfís das persoas participantes, ofrecendo contidos accesibles, prácticos e aplicables.

📚 Contidos estruturados por bloques temáticos

📝 Actividades de avaliación e autoaprendizaxe

🎮 Xogos lúdicos e dinámicas participativas

💬 Foro de participación e aprendizaxe colectiva

📅 Flexibilidade horaria e autonomía

📜 Diploma acreditativo

🕒 Duración: A formación ten unha duración de doce semanas, cunha carga mínima estimada de 72 horas (24 horas de traballo guiado na aula virtual e 48 horas de aprendizaxe autónoma).

📝Inscricións 👉 Formulario de inscrición