Consulta as últimas novidades sobre o avance das Comunidades de Enerxía Rural en Galicia e Estonia!

Xa está dispoñible o 9º boletín do proxecto EC4RURAL – LIFE! Neste número, informamos sobre os avances na creación de Comunidades de Enerxía Rural en Galicia e Estonia. Paso a paso, reunión tras reunión, o consorcio do proxecto EC4RURAL continúa a avanzar no camiño cara á creación de Comunidades Enerxéticas Ruraisnos dous proxectos piloto.

Lembramos tamén que o 30 de xuño remata o prazo para a presentación de resumos para a conferencia “Comunidades de Enerxía Rural: Unindo a acción local coa transición cara a unha enerxía limpa”, organizada polo noso proxecto.

Outro evento que se celebrará en breve é a Semana Europea da Enerxía Sostible (EUSEW), na que estaremos presentes os tres días (do 10 ao 12 de xuño), compartindo stand cos proxectos irmáns DISCOVER, ECOempower e BeFlexible, baixo o lema “Empoderando ás comunidades para un futuro enerxético flexible e sostible”. Terá lugar en Bruxelas (Bélxica).

Na sección “Coñece o noso equipo”, nesta ocasión achegámonos ao traballo da nosa compañeira de Sapiens Energy, a coordinadora de proxecto Nerea Soro. A súa función é garantir que a transición enerxética chegue ao ámbito rural a través de modelos reais, sostibles e liderados polas propias comunidades, que empoderen ás persoas locais e xeren valor social e ambiental.

Por último, na sección de “Eventos”, recollemos unha lista de conferencias, seminarios e obradoiros nos que o equipo presentou ou presentará os obxectivos e o traballo de EC4RURAL.

Podes ler o boletín aquí:
Inglés > https://bit.ly/EC4RURALNewsletter09_EN
Galego > https://bit.ly/EC4RURALNewsletter09_GL
Estoniano > https://bit.ly/EC4RURALNewsletter09_EE