Xa está dispoñible para consulta o 8º boletín do EC4RURAL – Programa LIFE! Abrimos esta publicación anunciado a Conferencia Europea de EC4RURAL sobre Comunidades Enerxéticas Rurais, que terá lugar o 1 de outubro en Vigo coincidindo co ecuador de execución noso proxecto. O evento está chamado a ser unha plataforma para o intercambio de coñecemento na que participarán destacados especialistas do sector. O avance do programa xa se pode consultar.

A inscrición e o prazo para envío de comunicacións xa está abertos.

Na sección Coñece ao noso equipo, Nele Ivask, directora de proxectos na Axencia Rexional de Enerxía de Tartu (TREA), explícanos o traballo que están realizando para apoiar aos doce municipios adscritos para crear comunidades enerxéticas rurais adaptadas ás súas necesidades.

No apartado de eventos, resumimos algunhas das actividades realizadas polos socios nos pasados dous meses como as reunións para crear unha rede autosuficiente de proxectos sobre comunidades enerxéticas en Europa, permitindo compartir resultados e aprendizaxes a longo prazo. Recollemos tamén a asistencia a un evento da DG REGIO en Bruxelas (Bélxica) sobre comunidades enerxéticas transfronteirizas, como Efi-Duero.

Entre as actividades propias, destaca a apertura das inscrición no terceiro Curso sobre Comunidades de Enerxías Renovables.

Así mesmo, aproveitamos este primeiro boletín de 2025 para animar aos lectores a imaxinar un futuro liderado polas comunidades rurais cara á sostibilidade e autosuficiencia enerxética mentres volven a ver o vídeo no noso proxecto.

Podes ler o boletín aquí:

Inglés > EC4RURAL_Newsletter08_EN.pdf

Galego > EC4RURAL_Newsletter08_GL.pdf

Estoniano > EC4RURAL_Newsletter08_EE.pdf