Organizada polo proxecto EC4RURAL, terá lugar en Vigo o 1 de outubro de 2025

O proxecto EC4RURAL, financiado polo programa LIFE, ten como obxectivo profundar e transformar a relación entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais para contribuír á transición enerxética limpa de Europa a través dunha participación activa e xusta.
Chegados á metade do proxecto, esta conferencia mostrará os nosos progresos e compartirá os principais resultados alcanzados. Ao mesmo tempo, a conferencia ofrece unha plataforma para que investigadores e profesionais presenten os seus traballos sobre a transición enerxética e as comunidades enerxéticas.

Obxectivos

  • Presentar os resultados intermedios: destacar os logros e as leccións aprendidas do proxecto EC4RURAL ata a data.
  • Facilitar o intercambio de coñecementos: proporcionar un foro para que científicos e profesionais compartan os resultados das súas investigacións e experiencias prácticas relacionadas coas comunidades enerxéticas.
  • Fortalecer as redes: fomentar a colaboración entre as partes interesadas no ámbito das transicións enerxéticas rurais e, especialmente, as comunidades enerxéticas en toda Europa.

Público destinatario

  • Representantes de comunidades enerxéticas rurais e grupos de acción local
  • Investigadores e académicos especializados en comunidades enerxéticas e transicións enerxéticas rurais.
  • Asociacións, organizacións implicadas en comunidades enerxéticas
  • Autoridades locais e rexionais implicadas na política enerxética e o desenvolvemento rural
  • Todos aqueles que estean interesados en participar para comprometerse nunha transición enerxética limpa comandada polos cidadáns e as comunidades locais
  • DG Near, DG Agri

Proxecto de programa (horarios por confirmar)

Organizaranse diferentes sesións:

  • Presentación do proxecto EC4RURAL e logros despois de dous anos promovendo comunidades enerxéticas rurais en Estonia e España.
    Antti Roose (Universidade de Tartu) e Xavier Simon (Universidade de Vigo)
  • Experiencias do movemento de enerxía comunitaria en Europa
    Óscar Güell, responsable de comunicación de REScoop.eu
  • ÖkoEnergieland, unha rexión modelo de clima e enerxía en Austria
    Andrea Moser, Directora de KEM ÖkoEnergieland
  • Leccións aprendidas na posta en marcha da comunidade de enerxía fotovoltaica a escala rexional «CERCA» en Calatayud
    Luis Miguel Carrasco Moreno. Universidade Politécnica de Madrid
  • Pensar máis aló das fronteiras: Efiduero – A primeira comunidade enerxética transfronteiriza ibérica.
    José Luis Pascual. Director Xerente de Efiduero SCE
  • O papel das comunidades enerxéticas desde unha perspectiva política
    Eugenia Bonifazi, Directora Asociada – Ricardo Energía y Medio Ambiente
  • Investigación e innovación en enerxía comunitaria. Convocatoria aberta de contribucións

Convocatoria de contribucións á conferencia

Datas (2025) Acción Observacións
01/03 – 01/06 Chamada de resumos Requirimentos de formato e extensión
01/04 – 01/07 Notificación da aceptación
01/04 – 01/09 Artígos completos Opcional
  • Os resumos terán unha extensión máxima de 400 palabras e presentaranse en formato .pdf.
  • Todas as contribucións recibidas serán revisadas polo comité científico.
  • As contribucións breves en formato resumen, serán suficientes para participar na conferencia
  • Aqueles autores interesados en enviar unha versión completa do artigo, poden facelo (pero non é obrigatorio). Estes artigos deberán ter unha extensión máxima de 15 páxinas, bibliografía incluída.
  • Por favor, envíe as súas contribucións a marie.permingeat@elard.eu
  • No caso de resumos e/o artigos completos con varios autores, só o primeiro autor recibirá a confirmación de aceptación.
  • Os resumos e artigos completos, tras a revisión por pares, incluiranse nun libro electrónico publicado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).

Como inscribirse

Por favor, encha este formulario para inscribirse.

A asistencia é gratuíta.

Xeneralidades

A conferencia celebrarase nun formato híbrido, en inglés como idioma oficial. Dispoñerase dun sistema de tradución ao idioma local.

Membros do comité de organización

  • ELARD: Beata Styczen, Marie Permingeat
  • Universidade de Vigo : Xavier Simón; Beatriz Noya: Almudena Fiunte
  • Fundación Juana de Vega : Noelia Cabón Morales, Tania Gesto Casás
  • Eesti LEADER Liit : Triin Kallas

Members of the scientific committee

  • Maria Montero (Profesora do Departamento de Economía. Universidade de Vigo)
  • Anabel Gutiérrez (Responsable da Área de Enxeñaría. Sapiens Energía)
  • Martin Kikas (Exterto en Enerxía.Tartu Regiooni Energiagentuur )
  • Antti Roose (Profesor Visitante. Resource Management and Climate Policy. University of Tartu)
  • María Lamelas (Técnica de proxectos. FEGAMP)
  • Rafael Milerman (Xestor de proxecto. Eesti LEADER Liit)
  • Alfonso Ribas Alvarez (Director de Investigación e Innovación. Fundación Juana de Vega)