Xavier Simón, coordinador de EC4RURAL – LIFE Programme e catedrático de Economía aplicada na Universidade de Vigo, presentou o noso proxecto no Congreso Nacional do Medio Ambiente CONAMA 2024. O seu relatorio tivo lugar o luns, 2 de decembro (12:00-13:00h) durante a Mesa 2. Proxectos de comunidades enerxéticas.
Simón compartiu debate con Carlos Pesqué Castillo, responsable de Comunidades Energéticas. ECODES – Fundación Ecología y Desarrollo; Pedro Antonio Fuentes Sánchez, CEO-fundador de Másinteligencia; e Alma Solar, sénior project manager da cooperativa Elèctrica d’Alginet (la CEA). A presentación correu a cargo de Penélope López González, responsable de proxectos europeos de TRAZA Consultoría – CERES.
Esta foi unha experiencia moi positiva para o proxecto EC4RURAL xa que permiu darle unha maior visibilidade ao proxecto no ámbito nacional. De feito, a oportunidade de presentar EC4RURAL nun foro tan relevante pode abrir portas a novas colaboracións e reforzar o posicionamento do proxecto como referente en bioeconomía e transición enerxética.
Por último, a mesa na que participou Xavier Simón estaba centrada en enerxía, auga e circularidade, tres temáticas perfectamente aliñada cos obxectivos de EC4RURAL.