O proxecto EC4RURAL segue avanzando en Estonia para establecer Comunidades Enerxéticas Rurais nos doce municipios de Alutaguse, Elva, Hiiumaa, Järva, Lääne-Harju, Põltsamaa, Rõuge, Saku, Tori, Türi, Viimsi e Viru-Nigula.
Os nosos socios estonianos, dirixidos pola Universidade de Tartu, iniciaron o Módulo de Formación 3 do Paquete de Traballo 4, denominado “Seminarios de compromiso comunitario“.
Os días 12 e 13 de novembro, Annika Oras compartiu a súa experiencia comunitaria no pobo de Kääpa, situado en Jõgevamaa. Os seus seminarios tiveron lugar nos municipios de Elva e Põltsamaa.
A aldea de Kääpa é un bo exemplo de cooperación comunitaria polo que esta foi unha excelente oportunidade para compartir a experiencia da súa construción e como o proceso transformou as súas vidas para mellor. Máis do 50% dos habitantes de Kääpa participan nas actividades conxuntas, crearon un centro local de reciclaxe, os mozos organizan actos con regularidade e todo iso creou un importante sentimento de pertenza e unha base para seguir cooperando.
Xa os días 14 e 19, Eha Paas, máster en desenvolvemento comunitario e benestar social, profundou nas capas modernas da comunidade e o seu significado. Os participantes trazaron un mapa das comunidades que os rodean e do potencial da cooperación.