Antti Roose, catedrático de Xestión de Recursos na Universidade de Tartu, é outra das persoas que fan posible EC4RURAL. El e o seu equipo organizaron a segunda reunión presencial do noso proxecto na cidade de Tartu a finais de setembro. Durante este encontro de dous días, tamén tivemos a oportunidade de coñecer in situ o traballo dos socios estonianos na constitución das doce comunidades enerxéticas rurais no seu país man a coa cidadanía.

Cal é o teu papel no proxecto EC4RURAL?
O meu papel é coordinar as accións do proxecto na Universidade de Tartu, así como no paquete de traballo de formación para facilitar e axudar á entrega de modelos e casos de enerxía comunitaria.

En xeral, cales son os retos que atopas nun proxecto como este e como os afrontas?
Para min, o máis importante é seguir facilitando as accións enerxéticas comunitarias para poñer en marcha os proxectos piloto en doce municipios estonianos. Estamos comprobando como o papel dos dirixentes e funcionarios municipais é fundamental para establecer o marco, os obxectivos e un fluxo de traballo coordinado. Ademais, continuamos co módulo de elaboración de plans formativos, introducindo os principios clave, elementos, obxectivos e posibles accións na planificación de comunidades enerxéticas e establecendo os novos obxectivos máis ambiciosos.

Algún reto en relación coa cooperación paneuropea e estoniana?
Efectivamente, temos diferentes antecedentes, experiencias e tamén diferentes intereses por parte dos socios. Traballamos con diversos axentes vinculados ás autoridades locais e, estes procesos de participación requiren de coñecementos profesionais e habilidades de comunicación especiais. En Estonia, mantemos o proxecto en movemento e avanzando con reunións cara a cara e por equipos para levar un ritmo similar en todas as rexións estonianas. Ademais, tendemos a harmonizar e coordinar as accións de todos os socios estonianos e as iniciativas externas no escenario en expansión das comunidades enerxéticas. No proxecto EC4RURAL debemos manter un espírito orientado aos resultados.

Cal é o aspecto máis satisfactorio do seu traballo?
Este primeiro ano de proxecto foi fundamental en canto a metodoloxías, enquisas, accións e seguimento. Gústame o traballo en equipo e a empatía cos novos compañeiros.

Desde o seu punto de vista, por que cre que proxectos como EC4RURAL son importantes para a sociedade?
As zonas rurais están diminuíndo e todos os proxectos deberían contribuír ao desenvolvemento destes territorios. No noso caso, poñendo o foco na transición enerxética liderada polas comunidades locais. A enerxía comunitaria pode abordar problemas de benestar, apagóns, pobreza enerxética, transferencia de coñecemento, etc. Durante a nosa segunda reunión anual en Tartu mantivemos un diálogo realmente enriquecedor sobre barreiras e solucións nos municipios de Elva, Alutaguse, Tori e Saku. Esas reunións e sesións de formación estaban directamente relacionadas cos plans locais sobre clima e enerxía, sobre como xustificar eses ambiciosos obxectivos e como marcar o camiño para poñer en práctica accións razoables para as instalacións enerxéticas comunitarias ao servizo da comunidade.

EC4RURAL Bio
Antti Roose (doutor en Xeoinformática pola Universidade de Tartu), ten unha ampla experiencia en ordenación do territorio, enerxía e medio ambiente. En 2001, fundou o centro local de enerxía de Rõuge. Foi asesor e xefe de equipo en múltiples estudos enerxéticos e urbanos ademais de colaborar en varias estratexias europeas, estonianas e locais, plans climáticos e iniciativas innovadoras. Tamén participou en proxectos da UE como experto e xestor de proxectos (ÁREA21, CAMS, BEA-APP etc).

 

Antti Roose during the welcome speech at the EC4RURAL meeting in Tartu.

Antti Roose durante a benvida na reunión de EC4RURAL en Tartu.