A axenda de EC4RURAL preséntase moi completa para este mes de outubro. Ademais de eventos propios organizados no marco do noso proxecto, o equipo estará presente en varios debates e foros claves nos que se falará sobre comunidades enerxéticas tanto en Galicia como en Estonia e mesmo noutros países como Francia.
Mércores 2 – Xoves 3 de outubro | ELARD, socio de EC4RURAL, presentou o noso proxecto e os obxectivos no congreso europeo LEADER que celebraron durante estes dous días na cidade de Poitiers (Francia). Asistiron máis de 440 representantes de 27 estados membros e países candidatos.
Xoves 3 – Martes 8 – Mércores 9 de outubro | A serie de seminarios sobre enerxía comunitaria de EC4RURAL en Estonia continúa nos municipios de Alutaguse, Tori e Saku para falar sobre a planificación enerxética local. Debaterase o papel dos plans climáticos locais e outros documentos de desenvolvemento nas transicións da economía enerxética, como supervisalos, equipalos e actualizalos, así como o modo no que o goberno local pode promover a enerxía a pequena escala en beneficio da comunidade.
Xoves, 10 de outubro | O coordinador Xavier Simón viaxa a Barcelona para participar no taller de cocreación “Explorando o potencial transformador das comunidades enerxéticas en contornas rurais”. Organizan o Instituto de Ciencia e Tecnoloxía Ambientais da Universidad Autónoma de Barcelona (ICTA-UAB), en colaboración co equipo de ECODES, impulsor do proxecto de Energía Común.
Martes, 15 de outubro | Visita ao Concello de Muíños (Ourense) para entrega da placa de “Concello en transición enerxética”, o distintivo que EC4RURAL outorga aos municipios adscritos ao noso proxecto.
Xoves, 17 de outubro | Encontro en Rianxo, aberto a toda a cidadanía da comarca do Barbanza, para iniciar o proceso de constitución dunha comunidade enerxética rural. Participamos xunto co Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).
Venres, 18 de outubro | Xavier Simón participa en Vigo na xornada “As Comunidades Enerxéticas como motor da transición enerxética. Análise multidisciplinar para o seu desenvolvemento e implantación” organizada no marco doutro proxecto europeo, www.eu-nets.eu.
Luns, 21 de outubro | Actividade de formación en Muras (Lugo) sobre Comunidades Enerxéticas Rurais.
Martes, 29 de outubro | Xornada en Santiago de Compostela sobre “Os procesos de gobernanza e de participación no despregue de enerxías renovables”, organizado pola Rede Española para el Desarrollo Sostenible. Participamos xunto co Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).
Mércores, 30 de outubro | Impartimos a conferencia “A xeración distribuída a través de comunidades enerxéticas rurais” na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Falaremos sobre as contribucións da cidadanía enerxética rural á transición enerxética e o papel da institución académica neste cambio. Comeza ás 13:00h.