O pasado 18 de xullo, no marco do proxecto EC4RURAL, organizamos un obradoiro online para favorecer o intercambio dos obxectivos específicos e do achegamento para a definición dos plans das comunidades enerxéticas nos pilotos de España e de Estonia. A idea desta actividade conxunta foi aprender uns de outros e implicar ás distintas partes interesadas para crear maior conciencia cara ao proxecto EC4RURAL.
O obradoiro dividiuse nunha única sesión simultánea entre España e Estonia e desenvolveuse integramente en Inglés.

Podes visualizar aquí as sesións gravadas desde a nosa canle de YouTube:
I Obradoiro para intercambio de experiencias do proxecto EC4RURAL
II Obradoiro para definir os plans das comunidades enerxéticas rurais de España e Estonia