O consorcio de EC4RURAL acaba de publicar o cuarto boletín informativo onde consultar as novas e os eventos máis relevantes dos pasados dous meses de actividade, en marzo e abril. Como é habitual, o boletín está dispoñible para lectura en Galego, en Estoniano e en Inglés, os tres idiomas do proxecto.

A noticia de abertura deste número faise eco do avance na constitución dos Consellos Locais de Política Enerxética (EPC) en Galicia e en Estonia tras a celebración dos primeiros seminarios informativos en boa parte dos 34 municipios galegos e estonianos adscritos. Outros temas tratados son a participación en diversos eventos sectoriais da man dos socios para dar a coñecer o proxecto ao maior número de interesados ou a asistencia a encontros europeos, como o organizado pola Axencia Executiva Europea do Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA) para crear sinerxías entre os proxectos 2021-2022 da convocatoria LIFE-CET Comunidades Enerxéticas.

Neste cuarto número, tamén se atopará un apartado dedicado a presentar a Sapiens Energia, o socio tecnolóxico de EC4RURAL, e responsable da análise da situación enerxética actual nos 22 concellos galegos participantes no piloto de Galicia.

Le aquí o boletín:

▪️ Inglés: https://bit.ly/EC4RURALNewsletter04_EN

▪️ Galego: https://bit.ly/EC4RURALNewsletter04_GL

▪️ Estoniano: https://bit.ly/EC4RURALNewsletter04_EE

As persoas interesadas en recibir o boletín cada dous meses, poden inscribirse aquí:

▪️ Inglés: https://bit.ly/3vXvUFX

▪️ Galego: https://bit.ly/490Wixq

▪️ Estoniano: https://bit.ly/3SjhB6e