O próximo mércores 13 e xoves 14 de marzo terá lugar unha xuntanza de todos os proxectos aprobados nas convocatorias de 2021 e 2022 dentro da convocatoria LIFE-CET Comunidades Enerxéticas en Bruxelas, nun evento organizado pola Axencia Executiva Europea do Clima, Medio Ambiente e Infraestruturas (CINEA) como oportunidade para reforzar o papel das enerxías renovables e as sinerxías entre proxectos.