Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. A próxima semana terá lugar a primeira das reunións que manterán cos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios.
Este primeiro encontro será no Concello de Outes o luns 19 de febreiro ás 18:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (avda. San Campio, 1). É unha reunión aberta a toda a veciñanza.