Fomento do compromiso local para a transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas
Fomento do compromiso local para a transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas
Sobre nós
O proxecto EC4RURAL, financiado polo programa LIFE, busca afondar e transformar as relacións entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais e a súa cidadanía para contribuír á transición cara unha enerxía limpa en Europa grazas a unha participación activa e xusta, que non deixe a esas comunidades atrás.

Comunidades enerxéticas rurais
EC4RURAL implementará un novo cambio de paradigma a través de 2 pilotos, en Estonia e en España, con comunidades enerxéticas rurais que produzan electricidade mediante paneis fotovoltaicos sobre tellados de edificios públicos. Realizaranse un total de 34 casos de estudo en diferentes municipios rurais co obxectivo de plantar a semente da replicabilidade, non só nas rexións participantes, senón tamén a nivel europeo.
Ferramentas
EC4RURAL fomenta á acción e á practicidade con contidos útiles para axudar na transición enerxética das zonas rurais. Nesta sección poderás consultar metodoloxía para analizar a situación enerxética das localidades. Guías prácticas, vídeos informativos e recomendacións políticas tamén estarán dispoñibles.
Formación
EC4RURAL aposta polo fácil acceso á formación que asegure que a cidadanía estea informada para desenvolver comunidades enerxéticas rurais. Dando prioridade á formación presencial e participativa, tanto as actividades de formación como os recursos necesarios para a súa realización estarán dispoñibles online. Búscase que o medio rural, moitas veces aillado e afastado dos centros de formación, poidan tamén acceder a esa formación.